O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e de paz.
Este curso seguimos a vivir a pandemia que invade todo o planeta e grazas ao cole conseguimos esquecer esta dura realidade a través de actividades e rutinas que axudan a vivir outro día a día. A imaxinación e o desexo de voltar ás dinámicas de antes fan da nosa realidade un lugar máis agarimoso e cheo de ilusión.
O equipo de actividades complementarias propúxonos a lectura e o visionado do conto "El hombrecillo de papel". E así foi como, por grupos, despois de ler o conto na aula, decoramos "Homiños de papel" para engadilos ao mural do patio cuberto.
Enchemos os homiños de cor e de palabras fermosas!