jueves, 10 de mayo de 2018

TEMOS UN HORTO CON PATACAS, CENORIAS, ALLOS ...

   
      Levamos semanas preparando o horto escolar. Xa temos patacas, allos, acelgas .... Algunhas das hortalizas ainda están no sementeiro e imos esperar a que medren un pouco para transplantalas.
     Na horta xa temos patacas, cenorias, allos, capuchinas, plantas de xirasol ... e no invernadoiro temos  unhas leitugas, acelgas, porros e tomates.

     Ter un horto é unha responsabilidade: organizamos quendas de rega  para os tarros coas sementes  e non podemos esquecer os cuidados do invernadoiro senón as plantas acabarían secando antes de chegar a dar froito.


"Horto escolar"




No hay comentarios:

Publicar un comentario