A semana pasada tivemos a sesión teórica e esta semana tocounos a práctica. Que divertido!
A Policía local de Gondomar e voluntarios de Protección Civil montaron "unha cidade" no campo de fútbol, co obxectivo de levar a práctica os contidos de seguridade vial traballados: sinais de tráfico, preferencias na circulación, sinalización de maniobras, circulación nas glorietas...
A cidade simulada estaba moi lograda: glorietas, semáforos, sinais, pasos de peóns... |
Fixemos dous grupos. Primero uns circulaban en bicicleta pola estrada e outros facían de peóns pola beirarrúa, e logo intercambiamos os papeis.
Sempre ten preferencia a orde do policía, mesmo se o semáforo ou as simais indican outra cousa. |
Foi moi divertido e moi productivo, pois grazas a esta actividade démonos conta dos erros que cometemos cando transitamos as rúas ou as estradas, e tamén fomos conscientes da importancia de respectar o código de circulación para velar pola seguridade de todos.
Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotos de todos os alumnos de 3º a 6º.
Pasámolo xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario