Hai un tempo, o pai de Xonxa (unha das nosas afilladas lectoras de 4 anos), trouxo ao cole un brazo mecánico que se movía grazas á forza hidraúlica. Quedamos abraiados!
Cartón, depresores, xiringas e tubos de acuario... parece incríble! |
Puidemos comprobar que ten forza para coller un rolo de papel e cambialo de sitio. |
Entrounos unha gran curiosidade por ver como actuaba esta forza e probamos nós a facer algún aparello que funcionase con ela.
Primeiro, tentamos tocar un xilófono e non o conseguimos; despois pensamos en aparellos máis sinxelos e saíron moi boas ideas:
- Un gato hidráulico para elevar vehículos
Gato hidráulico para elevar vehículos |
- Unha ponte levadiza
Ponte levadiza para cruzar o río e deixar pasar aos barcos |
Levamos as nosas ideas do papel á realidade coa axuda da profe e moito traballo. Precisamos cartóns, xiringas, tubo de acuario, colorante alimentario (para ver mellor o movemento da auga), silicona, témperas...
Quedáronnos moi ben. Agora imos agasallar aos nosos afillados con estes xoguetes para que eles mesmos comproben como funciona a forza hidráulica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario