viernes, 31 de marzo de 2017

BISCOITO DELICIOSO

Hoxe fixemos un biscoito na aula de cociña coa receita que trouxo Daniela (e que lle aprendeu a facer a súa irmá Mari). 

É moi sinxelo de facer. 

Só precisamos:

- 1 iogur natural
- 1/2 iogur de aceite
- 3 iogures de fariña
- 2 iogures de azucre
- 3 ou 4 ovos
- 1 sobre de levadura

Temos que botar todos os ingredientes nun bol, mesturalos coa batedora ata que non teñan grumos, untar o molde con margarina, botar a mestura no molde e metelo no forno ata que dore por enriba.

A verdade que é doado de facer, pero está boísimo!






Quedou riquísimo e chegounos para o recreo e para a merenda da tarde. Así da gusto!



No hay comentarios:

Publicar un comentario