Na primeira parte da sesión traballamos unha receita de magdalenas. A seguir preparamos os ingredientes e fixemos a mestura axeitada para elaborar uns doces tan apetitosos. Botamos pequenas porcións de masa nos moldes de papel e enfornamos. A decoración con chocolate e fíos de azucre de cores fíxose ao final. E, non esquecemos aos afillados, eles tamén degustaron o seu pequeno doce. Algúns non viñeron á escola! Estaban maliños!
Aquí vos deixamos esta apreciada receita!
No hay comentarios:
Publicar un comentario