lunes, 10 de octubre de 2016

Apadriñamentos lectores

O pasado xoves foi un día especial, coñecemos aos nosos afillados lectores, os nenos e as nenas de 3 anos! Fixémoslles unha visita e aproveitamos para contarlles o conto "Os tres porquiños".
   
A historia comeza con tres protagonistas que reciben un consello da súa nai e que lles pide que se independicen pois xa se fixeron  maiores. Os porquiños están de acordo, e deciden construír as súas vivendas ... A nai emociónase ao velos marchar!
Nós sentímonos moi ben ao comprobar o interese que amosaban os afillados ao escoitar o relato.

A seguir, fómonos presentando e puidemos observar que algúns estaban indecisos, outros contentos, varios tiñan vergoña ... Que ben!  Amosaron o que sentían nese momento! Intentaremos axudarlles no que precisen, lerlles contos de vez en cando, darlles apertas moitas veces e facer que se sintan mellor na escola! Que responsabilidade a nosa! 

Que relato máis interesante!


No hay comentarios:

Publicar un comentario