viernes, 6 de mayo de 2016

O BIGOTE DE MIMÍ

Hoxe asistimos á proposta escénica ofertada pola Fundación Manuel María e representada por Luis Vallecillo e a banda do Cuberto "O bigote de Mimí".

Unha versión musical do conto de Manuel María, ilustrado por Xaquín Marín, que NOS amosou a historia deste gato agarimoso e moi presumido que nos tivo impacientes dÍas atrás ata saber se acabaría sendo empanada para ratos por unha mala decisión.

Agradecemos unha vez máis a ANPA a súa colaboración para subvencionar esta proposta !

No hay comentarios:

Publicar un comentario