viernes, 11 de marzo de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

A MAXIA DAS MESTURAS: LEITE DE CORES

Seguimos a experimentar coas familias e nesta ocasión Marta foi quen de facer leite de cores.

Este experimento amosa a importancia da física e das súas aplicacións. A superficie dos líquidos compórtase como unha membrana en tensión. Este fenómeno é coñecido como tensión superficial. Algunhas substancias, como o xabón, poden diminuir dita tensión na auga, no leite ...

Marta engadiu xabón ao leite para facilitar as mesturas das cores sobre o leite.




VID_20160304_202150 from librincios on Vimeo.

E seguimos a experimentar...!

"LAVA  LAMP" 

Uxía fabricou unha lámpada de lava visual.
 Empregou: auga, aceite, produto efervescente, un vaso, pinturas de cores e unha fonte luminosa.


A luz pasa a través das substancias que hai no vaso. Que bonito!


Grazas familias!
 Son moitos os experimentos que estades a compartir connosco!




1 comentario: