martes, 2 de febrero de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

Seguimos a experimentar na casa e compartimos a nosa tarefa c@s compañeir@s na aula. As seguintes imaxes amosan unha parte da actividade. Esperamos que vos resulten interesantes.



André demostrou que un ovo pode flotar na auga salgada e 
afundirse na auga doce. E todo a causa da densidade, 
se engadimos un pouco de sal conseguimos que aumente
a densidade do líquido.
 Grazas  por compartir o teu experimento!




Aroa fixo desaparecer unha moeda que deixara debaixo dun vaso.
 Como é posibel? 

Grazas Santi por compartir cos compañeiros o teu experimento.

Lara foi quen de facer que un vaso beba auga.

Hugo fabricou unha bengala caseira. Impresionante!


Sofía realizou un experimento similar ao de Lara, coa mesma base científica.


 Grazas polas vosas achegas!





4 comentarios: