lunes, 14 de diciembre de 2015

UNHA ÁRBORE DE NADAL RECICLANDO

Para todos aqueles que este Nadal queirades un centro de mesa orixinal e económico, aquí vos deixamos unha idea estupenda para facer vós mesmos.
Para facer esta árbore de Nadal só precisamos unha revista, spray, un anaco de papel de aluminio, un anaco de papel celofán e pegamento.
Estes son os pasos: 
1º - Dobrar a primeira páxina da revista á metade dúas veces e dobrar para adentro o saínte que sobra.


2º - Facer o mesmo con todas as páxinas.
3º - Pintar con spray.
4º - Facer unha bola co papel de alumnio da merenda.
5º - Cubrir a bola con papel celofán.
6º - Pegar a bola na parta de arriba da árbore.


Así de bonita lucirá na túa casa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario