Os nenos e nenas do 2º ciclo convertéronse en detectives por un día. Foi nas instalacións de AFUNDACIÓN en Vigo, onde se atopa a exposición de pintura Tradición, cambio e innovación.
A actividade que lles propuxeron consitiu en atopar dúas obras de arte entre as expostas na sala. Para iso dividíronlles en grupos e proporcionáronlles unhas pistas e unha lupa.
Con paciencia e moita perspicacia foron aparecendo obras de Kandinski, Dalí... e aprendemos os cambios que sufríu esta arte ao longo do século XX.
Depois, para rematar, elaboramos os nosos propios bodegóns cun toque vanguardista... quedáronnos chulísimos!
Ao rematar a visita, como é costume, as nosas profes leváronos a disfrutar do aire libre; esta vez, á praia de Samil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario