miércoles, 21 de octubre de 2015

EXPLICANDO OS PASOS PARA FACER VIÑO AOS NOSOS AFILLADOS

Despois de que os nosos afillados nos convidaran a participar na vendima que organizan todos os anos, nós quixemos ter tamén un detalle con eles.
Elaboramos na clase, entre todos, un mural no que aparece paso a paso como se fai o viño e fomos á súa clase para explicarllo.


Queramos todos encantados! Nós porque fixemos de profes, e eles porque aprenderon un pouco máis para o seu proxecto.
Para rematar, vimos todos xuntos un vídeo en stop motion sobre a vendima. Foi moi divertido!

No hay comentarios:

Publicar un comentario