sábado, 22 de febrero de 2014

KA & KAO, APRENDENDO SOBRE O COMERCIO XUSTO

Hoxe, os alumnos e alumnas de 2º Ciclo tivemos a sorte de participar nunha actividade organizada por REDES (Red de Entidades para el Desarrollo Solidario). 


Tratábase dun xogo da oca protagonizado por Ka & Kao, dous grans de café diferentes, pois un cultívase e distribúese seguindo as políticas do comercio xusto, e o outro non.

 
Primerio vimos unha presentación sobre as diferencias entre o un e o outro, e despois fixemos equipos para responder ás preguntas e superar as probas que Irene e Fátima nos propuñan ata chegar ao final do taboleiro.

Pasámolo moi ben e aprendemos dúas cousas moi importantes: en grupo é máis fácil e máis divertido xogar e os productos de comercio xusto respectan os dereitos dos productores.

Aquí vos deixamos o vídeo. Premeda na imaxe para velo :)

https://vimeo.com/87350329



No hay comentarios:

Publicar un comentario