O martes 26 de novembro fomos de vista ao hipermercado Alcampo, en Coia.
Alí, Loreto (a nosa guía), amosounos as diferentes seccións: panadaría, foitería, peixería...
Contounos os segredos dos comercios á hora de poñer os productos nos andeis para que a xente merque máis. Os que están á altura dos ollos son os máis vendidos!
Despois, vestímonos dun xeito algo estraño para entrar nos obradoiros, pois alí teñen unhas normas de hixiene que todo o mundo ten que cumprir.
Unha vez alí, puidemos ver como envasan a carne; como fan o pan; o conxelador xigante no que gardan algúns productos; a zona de reciclaxe...
Ademias, ao finalizar, convidáronnos a merendar! Portáronse fenomenal con nós!
Aquí vos deixamos o vídeo para que podades velo todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario