martes, 5 de noviembre de 2013

CELEBRANDO O SAMAÍN

A semana pasada celebramos todos o Samaín.
Puidemos disfrutar primeiro das cestas de outono, cargadas de productos típicos deste época do ano.

Gustounos moito a exposición de cestas!

Despois, xogamos a buscar dez cousiñas no escenario das cabazas coas luces acendidas. Algunhas foron moi doadas, pero outras...

Tentando adiviñar onde se agochaba o profe Miguel...

Finalmente, puidemos, como cada ano, abraiarnos con todas as cabazas acendidas ao mesmo tempo. A verdade é que somos uns artistas!

Cada ano hai máis nivel entre os que participan!

Xa estamos deseando que pase un ano para volver a tremer de medo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario