lunes, 28 de octubre de 2013

DELICIOSOS DEDOS!

Hoxe, Paula trouxo a clase unhas bolechas cociñadas a fin de semana xunto coa súa familia.
Como estamos a piques de celebrar o Samaín, elaboraron para todos nós uns dedos deliciosos e terroríficos!
Fixádevos que boa pinta teñen!
A que meten medo?
Están feitos con masa de bolecha, marmelada de fresa e améndoas... unha receta sinxela para chuparse os dedos!
Queremos agradecer aos pais de Paula a súa colaboración e o seu tempo, é todo un detalle!
Paula coas bolechas que fixeron na casa

No hay comentarios:

Publicar un comentario