![]() |
Xogo sobre os recursos minerais |
O pasado martes, 5 de marzo, fomos visitar MINERGAL, o museo dos minerais de Galicia.
Visitamos a exposición, onde puidemos ver gran cantidade de rochas e minerais, e coa axuda de Nuria (a monitora), aprendemos os seus usos, algunhas propiedades, as clasificacións...
Tamén vimos un vídeo sobre a extracción nas canteras e o proceso de transformación das rochas ata velas convertidas en plaquetas, tellados, muros...
Ao final, fixemos un cuestionario (que enchemos moi pero que moi ben) e déronnos uns agasallos para non esquecernos da visita.
Estamos rodeados de recursos minerais e non nos déramos conta ata agora!
No hay comentarios:
Publicar un comentario