miércoles, 25 de marzo de 2026

AROMATIZANDO XABÓNS CON HERBAS DA HORTA

     Estivemos experimentando coas herbas aromáticas que temos no caracol da horta: menta, fiuncho, tomiño, ourego, lavanda ... unha mestura de perfumes agradables que empregamos para engadir aos xabóns.

    Clasificamos as herbas e buscamos os nomes en galego e en castelán, algunhas xa eran coñecidas pero outras tivemos que escribir os nomes.

    Hoxe a nosa aula cheiraba a herbas do campo, que olor máis agradable!!!



Aromas da horta!!!




lunes, 23 de marzo de 2026

EMISIÓN RODIOFÓNICA

     Este luns emitimos uns fermosos poemas dende a radio do cole para tod@s @s compañeir@s. Estivemos a traballar o Herbario de Rosalía de Castro, recitamos versos da súa obra e creamos un poema para @s afillad@s lectores. Que emocionante!!!

    


Esperemos que gocedes coa poesía!!!


lunes, 2 de marzo de 2026

RECOMENDANDO LIBROS

 

    O pasado xoves, 26 de febreiro, Andrea, da libraría Libraida https://www.libraida.es/es/ (Gondomar), visitou a nosa Biblio. 

Explicounos en que consiste o seu traballo e o moitísimo que le todos os días para poder receitar, coma se fosen máxicas menciñas!, a lectores e lectoras, aquelas historias que precisamos en cada momento,  para poder gozar así das aventuras que agardan a ser lídas por nós.

Recomendounos tamén unha chea de libros a mar de interesantes!!! Quedamos abraiados e abraiadas  de tantos libros e contos como coñece e, sabedes o máis importante? Co seu entusiasmo, transmitiunos o moito que ama os libros e a lectura!

Moitas gracias Andrea pola túa visita! Queremos ler todas todiñas as  historias que nos recomendaches!!!

Dixamos estas fotiños para que vexades o xenial que foi esta visita.






viernes, 27 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

     Estivemos a recitar poemas da nosa querida Rosalía, tamén lemos estrofas sobre o seu Herbario, e entre os padriños lectores e afillad@s cociñamos tod@s xunt@s. Fixemos pan de millo!





Que aproveite!






martes, 17 de febrero de 2026

ENTROIDO 2026

    As comparsas amosaron o Entroido de distintas zonas de Galicia: pitas, folións, pantallas, merdeiros, damas e galáns ... Os traxes foron realizados con moito mimo por todo o alumnado. O segundo ciclo optou por ir de merdeiros, personaxes populares propios do entroio de Vigo. O seu obxectivo é amolar a xente que quere festexar o evento.

    Grazas familias por animarnos, aplaudirnos tanto e participar tan positivamente no entroido do cole. 

  
Dende a cidade das luces chegan "Os Merdeiros"

     

Premer sobre o xirasol para video 🌻 e sobre o trevo para fotos🍀!!!