jueves, 15 de enero de 2026

OBRADOIRO SOBRE MICROPLÁSTICOS

    Esta semana realizamos un taller sobre os microplásticos que están presentes cada vez máis nas nosas praias, montes, ríos, areais ...

    Non se trata só de casos illados senón de diminutos restos descompostos que van pasando aos animais e ás plantas e moitas veces non se poden ver a simple vista. Empregamos lupas e microscopios para comprobar que están aí e de nós depende frear e/ou reducir o seu efecto.

    O monitor do obradoiro explicounos como eses anaquiños tan pequenos de plásticos fúndense coa calor do sol e quedan engadidos ás areas da praia, ríos ...

    Tamén non dixo como podemos reducir o consumo de plástico e falounos da correcta reciclaxe.



Imos tratar de reducir o consumo de plásticos e reciclar correctamente!!!