viernes, 16 de febrero de 2018

LAZO DOURADO


     O 15 de febreiro  é o Día Internacional Contra o Cancro Infantil.

     Por desgraza está a ser cada vez maior o número de nenas e nenos que se enfrontan a esta enfermidade, polo que nos parece importante amosar o noso cariño e apoio ás familias que están atravesando esta dificil situación. Dende a asociación "Bicos de Papel" propuxéronnos facer co alumnado un lazo dourado, símbolo contra o cancro infantil, e ler un manifiesto redactado por María Tallón, responsable de oncoloxía infantil no Hospital Álvaro Cunqueiro.

     O sábado, día 17 de febreiro, no Centro Cultural de San Miguel de Oia, haberá un Festival en Contra do Cancro Infantil e amosaranse as imaxes de lazos dourados realizados nos distintos centros educativos. Estamos invitados ao evento.

     Temos que darlle as grazas a Germán Tizón, por invitarnos a participar na actividade.


Lazo dourado no Serra-Vincios

Este lazo dourado non só  amosa o noso apoio ás familias  que atravesan difíciles momentos, senón tamén  o cariño e aprecio que sentimos por  esta nosa familia e alumna que están a loitar con tanta valentía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario