miércoles, 18 de mayo de 2022

BEA CAMPOS

     Actriz, narradora e directora teatral.

    Licenciada en Arte Dramático.

    Dende moi nova comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e puido levar os seus contos ata o outro lado do mar, participando no Festival de Artes Escénicas do Caribe en Colombia.

    Actualmente forma parte da Compañía "Migallas Teatro" cos espectáculos "Entre arrolos e contiños", "Contos nas orellas", "Orella pendella", "Contos da mesa de noite".

    Tamén participa na canle de difusión de literatura infantil KalandrakaTV.


Benvida Bea!

Bea Campos visitará o Serra-Vincios o venres, día 20 de maio.